top of page

Axentes de Alemaña e Portugal patrullan estes días parte do Camiño Francés ao seu paso por Arzúa

A presenza deles forma parte do programa Turismo Seguro da Garda Civil


Laura Moure/Arzúa

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, achegouse ata Ribadiso, en Arzúa para dar a benvida aos policías estranxeiros que durante esta semana se desprazaron a Santiago para patrullar un tramo do Camiño Francés, enmarcado no programa Turismo Seguro da Garda Civil. Este programa permite que axentes doutras nacionalidades intercambien os seus destinos temporalmente en España, Francia, Italia, Portugal e Alemaña.

Os axentes desprazados durante esta semana Santa a Santiago son David Manuel Stralekstralek da policía alemá e Nuno Paulo Amorim Carrilho, da gendarmería portuguesa.

Os policías patrullan de maneira conxunta un tramo do camiño con outros dous axentes españois. Entre as funcións que teñen asignadas estes axentes durante a súa estadía, atópase a de prestar asistencia ao turista estranxeiro da súa nacionalidade ou axudalos en labores de tradución no caso de que necesiten realizar certos trámites ou solicitar algún tipo de axuda. Estes policías estranxeiros patrullan co seu uniforme de servizo nacional, de tal maneira que son facilmente reconocibles polos cidadáns procedentes de ambos os países.

Tal e como os propios axentes explicáronlle á subdelegada do Goberno, a presenza de policías da súa propia nacionalidade xera tranquilidade e confianza nas peregrinas e peregrinos que realizan o camiño.

A subdelegada do Goberno estivo acompañada polo Xefe de Operacións da Comandancia da Garda Civil da Coruña, Jorge Bodelón e pola concelleira de Turismo en Arzúa, Begoña Balado.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page