top of page

Axega informa dunha muller falecida en Vila de Cruces que podería ser debido a un escape de gas

Actualizado: 28 mar 2022

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

Axega informa dunha muller falecida nunha casa en Vila de Cruces. Os servizos de emerxencias tratan de esclarecer si, un escape gas no domicilio, é a causa do tráxico suceso. Informouse aos Bombeiros de Deza, ao GES de Lalín, á Garda Civil e a Protección Civil.


Tal e como informa Protección Civil de Vila de Cruces trátase dunha muller de 93 anos do lugar de Tirabá, na parroquia de Camanzo, que vivía soa.


ACTUALIZACIÓN (DÍA 28 ÁS 10:00 HORAS)

Tal e como informa este luns o 112 Galicia foi un familiar da vítima quen encontrou a muller falecida e quen relatou que, nada máis entrar na vivenda, percibira un forte cheiro a gas. Así, ata o punto, no lugar de Tirabá, en Camanzo, acudiron de inmediato os servizos de emerxencias que nada máis chegar, indicaron que se atoparan cun hornillo prendido ao lume.


Ao fío das 21:30 horas deste domingo, o 112 Galicia recibiu a chamada dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que informaban do desprazamento dunha das súas ambulancias ata o lugar do incidente. Por iso, para prestar apoio ao equipo médico, realizar as medicións necesarias e coñecer as circunstancias do suceso, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros do Deza, aos membros do GES de Lalín, aos axentes da Garda Civil e da Policía Local, aos efectivos de Protección Civil de Vila de Cruces e ao persoal da empresa subministradora de gas da zona.

Unha vez no lugar, os equipos de intervención só puideron confirmar o falecemento da nonaxenaria e procederon a ventilar o inmoble. Pola súa banda, os técnicos da empresa subministradora de gas descartaron que houbese un escape de gas no domicilio. Non obstante, pese á existencia das altas medicións de gas acumuladas, os profesionais tratan de esclarecer as causas do incidente.

0 comentarios

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page