top of page

Avanzan as obras de mellora na estrada AC-231, no treito coincidente co Camiño do norte, en Sobrado

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

A actuación, cun investimento de máis de 215.000 euros, permitirá habilitar unha senda ao longo de algo máis de 1,5 quilómetros


Laura Moure/Sobrado dos Monxes

A Xunta avanza nas obras de mellora de seguridade viaria na estrada AC-231, no treito coincidente co Camiño do Norte, ao paso polo concello coruñés de Sobrado. Esta intervención, que comezou a semana pasada e supón un investimento de preto de 215.000 euros, céntranse na execución dunha senda de algo máis de 1,5 quilómetros de lonxitude, entre os puntos quilométricos 14+065 e 15+615.

O novo itinerario disporá de dous metros de ancho, con chan seleccionado estabilizado pola marxe dereita da estrada e con gabia pola beira.

A actuación enmárcase nas 39 intervencións de mellora da seguridade viaria que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vai executar este ano en cruzamentos ou treitos paralelos das rutas xacobeas coas estradas autonómicas, cun orzamento de preto de 1,8 millóns de euros.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

A encomenda deste ano levarase a cabo nos distintos camiños e trazados da ruta xacobea en tres provincias galegas. Na provincia da Coruña están programadas un total de 11 actuacións; na de Lugo, 23; e na de Ourense, 5.

O Goberno galego dálle así continuidade ás 70 obras que realizou o pasado ano nas marxes dos Camiños, e ás que destinou 1,4 millóns de euros.


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page