top of page
Foto del escritorLaura Moure

Avanza a reforma do centro de saúde de Arzúa que contará cunha área nova de atención urxente

Ademais da adecuación xeral interior dos novos espazos, levarase a cabo a mellora do illamento da fachada da nova zona


Laura Moure/Arzúa

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e a xerente da área sanitaria de Santiago e Barbanza, Eloína Núñez, supervisaron as obras de reforma que se están levando a cabo no centro de saúde de Arzúa. Supoñen a creación dunha área totalmente nova de atención urxente. Así, as obras de reforma conlevan o traslado do PAC do andar -1 ao andar 0, ocupando unha antiga zona de almacenamento.

O novo PAC contará, cando rematen as obras, cun espazo de 150 m2 nos que haberá 1 consulta de médico, 1 de enfermeira, zona de admisión, sala de espera e, grazas ás obras de reforma, gañará unha completa sala de observación con 2 postos. O orzamento previsto é de máis de 48.000 euros.


Ademais da adecuación xeral interior dos novos espazos, levarase a cabo a mellora do illamento da fachada da nova zona. A reforma conleva tamén a instalación da calefacción, circuítos de ventilación, instalación eléctrica e de comunicacións, ademais da iluminación, entre outras melloras.

O centro de saúde de Arzúa conta ademais con importantes melloras recentes no eido dos recursos humanos. Así, incrementou unha nova praza de médico recentemente e, en breve, crecerá nunha praza de enfermeira para pediatría. Tamén conta co reforzo dun PSX para a posta en marcha de novas ferramentas organizativas na atención primaria como o XIDE e o CRM100. Os pacientes do centro de saúde de Arzúa tamén contan agora cun ecógrafo nas súas instalacións, o que redunda na mellora diagnóstica de determinadas doenzas abdominais e muscoloesqueléticas, o que incrementa a súa capacidade de resolución.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page