A actuación ten un coste duns 40.000 euros e está financiada por unha subvención da Deputación / O anterior goberno empezara esta obra en 2010, pero non a finalizou
Ecos da Comarca/Agolada
Na parroquia agoladesa de San Paio de Bais traballan estes días na construción dun muro no lugar de Costela. Esta actuación ten un custe duns 40.000 euros e é asumida polo Concello de Agolada gracias a unha subvención concedida pola Deputación de Pontevedra.
![](https://static.wixstatic.com/media/0216be_faf84d00835141949fd82a2227f6f3a5~mv2.jpg/v1/fill/w_980,h_735,al_c,q_85,usm_0.66_1.00_0.01,enc_auto/0216be_faf84d00835141949fd82a2227f6f3a5~mv2.jpg)
O muro que se está facendo en San Paio de Bais.
Esta era unha das grandes demandas dos veciños deste lugar, porque o anterior goberno construíu só unha parte e levaban anos agardando a súa finalización. En concreto, o anterior equipo de goberno do PP empezou esta obra no ano 2010 por un importe de case 90.000 euros. "Nós estamos arranxando os desperfectos que presenta a parte xa feita polo anterior goberno e estamos realizando a súa continuación", apunta o alcalde do municipio, Luis Calvo. "E todo isto pola metade do diñeiro", recalca.
Esta era unha obra moi desexada polos lugareños. “Despois de tantos anos era hora de que a acabasen o muro”, apuntan os veciños, quen se alegran de que despois dunha década o novo goberno se acordase deles. A actuación arrancou a pasada semana e o mandatario agarda que estea acabada nos vindeiros días.
Commentaires