top of page
Perruquería Marisa.gif

AVA propón abrir diálogo cos veciños para ver a posibilidade de impulsar en Antas permutas de terra

Fala dunha iniciativa que xa se está levando a cabo no concello veciño de Friol



Laura Moure/Antas de Ulla

A Alternativa Veciñal de Antas de Ulla levará ao vindeiro pleno unha moción na que propón abrir diálogo con agrupacións veciñais, gandeiros/as, agricultores/as deste municipio concello e diferentes axentes sociais para analizar a pertinencia ou non de impulsar un proxecto de permutas de terra similar ao que xa se está levando a cabo no veciño concello de Friol.


"Fai xa anos que o veciño concello de Friol está aplicando un modelo que permite o acceso á terra para aqueles agricultores e gandeiros que precisan de maior concentración de terreo para que as súas explotacións sexan rendibles. É un modelo que se demostra aporta solución neste sector e que moitos concellos están a replicar: Castro de Rei, Outeiro de Rei, Guntín… Trátase de permutas de parcelas que nin sequera terían porque supor un contrato de compra- venta (senón cesión de uso) aínda que no caso de Friol si se produce a reestruturación da propiedade da terra. Como afirma o seu alcalde nalgúns medios de comunicación: “É coma unha concentración parcelaria exprés e moito máis económica”", indica AVA.


Ademais, apunta que en Friol colabora o GDR (Grupo de Desenvolvemento Local) que aporta parte do gasto para que os interesados non teñan que sufragar os custos tan elevados que lles suporían estes trámites. "Na Pastoriza, porén, o concello actúa máis ben como xestor e facilitador do arrendamento de predios que os propietarios non usan para facilitalos a interesados que precisan aumentar a extensión de terreo próximo entre si

para as súas explotacións. É preciso, non obstante o anterior, contactar coa veciñanza para comprobar se no caso do noso concello poderían ser modelos que ofrezan interese".


E incide que neste caso, "o concello actúa como intermediario facilitando a burocracia dos trámites en colaboración co GDR". Por todos este motivos, esta formación política propón este acordo para debatir na vindeira sesión plenaria.


36 visualizaciones0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page