top of page

AVA pregunta ao Concello de Antas polo servizo de transporte gratuíto para a vacinación dos maiores

Demanda ao goberno local que informe á cidadanía de se o hai, de quen se pode beneficiar deste e que ten que facer para solicitalo


Ecos da Comarca/Antas de Ulla

A Alternativa Veciñal de Antas de Ulla rexistrou no Concello preguntas ao pleno co obxectivo de que, ante a nova citación para que os maiores poñan a terceira dose da vacina contra a Covid- 19, se aclare si polo Concello se está poñendo a disposición dos veciños un servizo de transporte gratuíto a través dos taxis do municipio, como xa se fixo en ocasións anteriores, así como que aclare de que maneira se informa a cidadanía quen pode beneficiarse de tal servizo e como solicitalo.

"Este sistema xa foi empregado nas anteriores campañas de vacinación pero desta vez

atopamos que non hai información oficial ao respecto e hai quen pensa que o servizo se concede discrecionalmente ou se presta por operarios municipais, polo que cómpre que o Concello faga un exercicio de transparencia e aclare se existe a opción de transporte gratuíto, que condicións deben reunir os beneficiarios do mesmo, como solicitalo e a quen se lle adxudica a prestación do servicio", afirma María Conta, concelleira de AVA.

0 comentarios

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page