Será este venres pola tarde no Hotel Restuarante Val e participarán Sagrario Fernández e Rubén Camilo Lois
Laura Moure/Antas de Ulla
A Alternativa Veciñal de Antas de Ulla (AVA) organiza un encontro-conversa este venres 16 de xullo nos exteriores do Hotel Restaurante Val para falar da situación do coidado e da atención ás persoas maiores nas zonas rurais de Galicia.
Contarase na conversa coa presenza de Sagrario Fernández Méndez (traballadora social do Sergas) e Rubén Camilo Lois González (catedrático de análise xeográfica rexional da USC). Eles verterán luz e sinalarán algúns puntos clave deste reto. Sagrario explicará cómo hai que entender a atención ás persoas maiores dende a óptica galega do minifundismo e Rubén sinalará cómo o despoboamento e as novas lóxicas demográficas no territorio galego provocan problemáticas ás que é preciso atender.
"A pandemia da Covid 19 pon de manifesto que o sistema actual ten profundas eivas que cómpre comezar a solucionar. Os nosos maiores precisan uns coidados integrais que, ao mesmo tempo, non conleven o desarraigo coa súa familia-veciñanza e territorio", afirma María Gontá, concelleira de AVA. Engade que, "en concellos rurais coma o noso hai que analizar alternativas de coidados que respeten todo o posible a maneira de vivir das nosas persoas maiores".
O acto realizarase en exteriores no Hotel Restaurante Val ás 20:00 horas e contará con todas as medidas de protección ante a Covid 19.
Commentaires