top of page

‘Autos Martís’, recreación dunha atracción de coches de choque, fíxose co premio máis orixinal do Pino

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

‘Festas do Apóstolo anos 60’ imponse na categoría de carrozas


Laura Moure/O Pino

‘Autos Martís’, recreación dunha atracción de coches de choque a cargo dun grupo de veciñas e veciños do concello, fíxose este domingo co premio aos disfraces máis orixinais nun animado concurso de Entroido do Pino no que se repartiron un total de 2.300 euros en premios e no que triunfaron sobre todo os atuendos coloridos e de temática festiva. Os dous premios de maior contía, o de comparsa e carroza, levounos a Asociación veciñal A Carballeira de Chaián cunhas divertidas parodias sobre as ‘Festas do Apóstolo nos anos 60’ e ‘A catedral de Santiago’.

Na categoría infantil, a máis concorrida con 19 participantes, os premios foron para

‘A diosa do arco iris’ e ‘Un erizo’. Como mellor disfrace individual foi elixida ‘Antroidada

campal’, cun traxe no que non faltaban nin as restras de chourizos nin as verzas para

celebrar estas datas como manda a tradición.


E tamén espectaculares foron os traxes que luciron as gañadoras do premio por parellas,

que co seu ‘Cores de esperanza’ quixeron chamar a atención sobre os diferentes tipos de

cancro e o seu tratamento. No premio de grupo gañou a tamén moi vistosa ‘Alicia no país

das marabillas’.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

A orquestra Los Satélites encargouse de animar dende primeira hora da tarde e ata xa ben

entra a noite ao numeroso público que se congregou na praza do Concello e que puido

quentar o corpo co chocolate quentiño e os produtos típicos do Entroido que ofreceu o

alumnado de 4º da ESO do CPI Camiño de Santiago co obxectivo de recadar fondos para a excursión de fin de curso. Coa mesma fin, realizaron un sorteo de dúas cestas.


Relación de premios

Individual infantil

1. A diosa do arcoíris. 150€

2. Un erizo. 100€


Individual

1. Antroidada campal. 150€


Parella

1. As cores da esperanza. 200€


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Grupo

1. Alicia no país das marabillas. 300€


Comparsa

1. Festas do Apóstolo anos 60. 700€

Carroza

1. A catedral de Santiago. 500€


Máis orixinal

1. Autos Martís. 200€

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Kommentare


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page