Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Autorizan á empresa lalinense Aerocamaras o rescate dos cans atrapados polo volcán da Palma

"A nosa prioridade e obxectivo é rescatalos. Debida á complexidade da operación, necesitamos calma e concentración", subliña a firma dezá


Laura Moure/Lalín

O comité director do Plan de Emergencias Volcánicas de Canarias (Pevolca) autorizou este martes o rescate con dons de ao menos seis cans podencos que se atopan atrapados en dous estaques rodeados pola lava do volcán da Palma. Os encargados desta importante labor son especialistas da empresa lalinense Aerocamaras que chegaron o domingo a Canarias.

Os cans atrapados.

Empregarán drons de carga de loxística marina que foron modificados para esta acción. Son en total tres drons: un de carga para o traslado de materiais ao rescate dos cans, outro dron con cámara de 30 aumentos para facer un barrido da zona e verificar a seguridade da operación e o terceiro é un específico con cámara térmica para saber cal é o percorrido por onde menos calor hai, ademais do estudo do terreo.



"Os nosos pilotos atópanse realizando probas xunto aos equipos de emerxencias. A nosa prioridade e obxectivo é rescatar aos cans. Debida á complexidade da operación, necesitamos calma e concentración", sinala a empresa lalinense. Ademais, son conscientes da repercursión e interese sobre este caso. "E agradecemos enormemente a difusión que lle dades", recalca. "Pero agora cremos que o mellor é concetrarse e centrar todos os nosos esforzos no operativo".


Por este motivo, demanda "o máximo respecto a todo o equipo que se atopa en campo e ao equipo que dende Galcia estamos coordinando todo o necesario para darvos a información o máis actualizada posible", subliña a firma.


NOTICIAS RELACIONADAS:

https://www.ecosdacomarca.com/post/a-empresa-lalinense-aerocamaras-xa-está-en-canarias-para-rescatar-aos-cans-atrapados-polo-volcán



123 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE