top of page

Autorizado o convenio de colaboración que dotará a Lalín dun novo terreo de xogo no Anxo Cortizo

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

O importe total das actuacións que se van realizar ascende a máis de 700.000 euros


Laura Moure/Lalín

O Consello da Xunta deu luz verde ao convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Lalín para a realización das obras de construción dun novo terreo de xogo con sistema de céspede artificial no estadio municipal Manuel Anxo Cortizo. O importe total das actuacións que se van realizar ao abeiro deste convenio ascende á máis de 700.000 euros.

A Secretaría Xeral para o Deporte financiará a dita actuación coa cantidade de 450.000 euros, mentres que o Concello de Lalín achegará o resto (250.028 euros). O Estadio Municipal Manuel Anxo Cortizo conta cunha pista de atletismo, unha base para lanzamento de martelo e tres terreos de xogo, habilitados para fútbol, rugby e fútbol 7.

O Estadio Municipal Anxo Cortizo.

Autor: Páxinas Galegas.


A Xunta de Galicia colabora co Concello de Lalín na execución e transformación do actual campo de fútbol, dotado na actualidade de céspede natural, mediante a construción dun novo terreo de xogo con sistema de céspede artificial de última xeración, con mínimo mantemento e máximo grao de uso. Cómpre salientar a importancia desta actuación dada a excelente política deportiva de base que ten no estadio Manuel Anxo Cortizo, unha instalación de referencia en que adestran un 600 rapaces e rapazas.


A Secretaría Xeral para o Deporte afianza así o seu compromiso coas infraestruturas deportivas. Dos 32.474.216 euros con que conta en 2021 (un 28,5% máis que en 2020), 9,15 millóns serán destinados a obras de creación e reforma de infraestrutura deportiva, un 118% máis que en 2020 cando se destinou ao mesmo obxecto 4,2 millóns de euros.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page