top of page

Autorizado de novo o corte da N-525 para a celebración das festas de verán da Bandeira

O goberno municipal xa foi informado do permiso logo de formular a correspondente solicitude no mes de marzo


Laura Moure/Silleda

O Ministerio do Interior, a través da Xefatura Provincial de Tráfico, vén de comunicar ao Concello de Silleda a autorización para o corte da estrada nacional Santiago-Ourense (N-525) para a celebración das festas de verán da Bandeira. O corte da vía para o tráfico, que como vén sendo habitual se desvía ao seu paso pola localidade, tería lugar entre as 17:00 horas do venres 19 e as 6:00 horas do día 22 de agosto.

Dende o goberno municipal –que tramitou dita petición xa o pasado mes de marzo- agradecese á Administración central que volvan a permitir o desvío do tráfico, unha medida moi necesaria por motivos de seguridade, dada a grande afluenza de persoas que acoden durante eses días á Bandeira. A solicitude do corte da estrada foi emitida ademais co informe favorable da Policía Local de Silleda.

Deste xeito, entre o venres 19 e a madrugada do luns día 22 de agosto próximos, o tráfico da N-525 quedará desviado -como vén sendo habitual- ao seu paso pola localidade. Dende o Concello faise, unha vez máis, un chamamento á cidadanía para respetar ademais as sinais de circulación que se coloquen coa desviación do tráfico, con tramos nos que non se permite aparcar durante estes días.


“Despois de dous anos sen celebracións na vila da Bandeira, esta medida é unha boa nova para retomar as festas de verán garantindo a seguridade dos milleiros de persoas que se achegan ata a Bandeira durante a celebración da Festa da Empanada”, indica o alcalde, Manuel Cuiña.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page