top of page

Aumenta o número de persoas inseridas a través do servizo de emprego de Cogami

Aínda que os datos non chegan aos conseguidos antes da pandemia, rexistrou unha suba dun 4% de insercións laborais con respecto aos propios anos da Covid


Laura Moure/Xeral

O servizo de emprego da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) rexistrou un incremento dun 4% no número contratacións durante o ano 2022, unha mellora que vai por bo camiño pero “aínda non rexistra os niveis dos datos conseguidos nos anos anteriores á pandemia, existindo unha diferenza dun 14% menos de persoas inseridas respecto ao ano 2019, no que se rexistraban máis de 2.200 persoas”, apunta Mari Carmen Ínsua, coordinadora do servizo de emprego de Cogami.

O centro de Cogami en Medelo, Silleda.

Malia así, un total de 1.892 persoas con discapacidade foron inseridas no mercado laboral a través do servizo de emprego de COGAMI (SIL), destas, o 10% ten unha discapacidade

igual ou superior ao 65%. Moitas das insercións foron a través das 1.212 ofertas de

emprego lanzadas polas empresas galegas, para favorecer a inclusión laboral dun grupo

social que aínda rexistra altas taxas de paro, chegando a duplicar as da poboación total. Para captar estas ofertas, o equipo de emprego do SIL, formado por preto de 50

profesionais que atenden tanto nas oficinas das sete cidades galegas como tamén se

despraza ata as zonas rurais evitando o desprazamento das persoas usuarias que residen

neses concellos, realiza visitas a empresas como as efectuadas ás 359 novas durante o ano 2022.


En palabras de Mari Carmen Ínsua “hai que seguir traballando a favor da inclusión a nivel

xeral da sociedade e animamos ao empresariado galego a que perda os medos que poida

ter á hora de contratar a persoas con algún tipo de discapacidade”. Ademais engade que “en Cogami estamos á disposición para calquera tipo de resolución ou inquedanza neste

sentido”. O equipo de emprego mantén entrevistas individualizadas coas persoas que contactan co servizo, para asesoralas, orientalas e trazarlles itinerarios laborais personalizados. En 2022 foron máis de 7.000 orientacións laborais as realizadas por esta área.

Persoas inscritas

Cando unha persoa chega a COGAMI na busca de emprego, pasa a formar parte dunha

base de datos que actualmente rexistra 17.801 persoas inscritas con discapacidade e /ou

incapacidade laboral para profesión habitual, distribuíndose deste xeito: na oficina de A

Coruña 3.222; en Ferrol 2.117; en Santiago son 2.556 as persoas inscritas; en Lugo 1.575;

en Ourense están recollidas 2.109 persoas; en Pontevedra son 2.960 as inscritas e Vigo

rexistra o maior número con 3.262 persoas con discapacidade apuntadas como

demandantes de emprego.


Perfil maioritario

“O perfil maioritario das persoas que forman parte da nosa base de datos sería home, cunha franxa de idade comprendida entre 41 e 55 anos e con estudos primarios básicos”, informa Ínsua.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page