top of page

Atropelo con fuga en Barbadás

Ecos da Comarca/Xeral

Foto Arquivo

Onte pola noite en Barbadás, unha moza foi alcancada por un vehículo que continuou a marcha. Sucedeu pasadas as 21:00 horas na Avenida de Celanova, na Valenzá.


Así o confirmou o equipo médico a través do seu aviso do 112 Galicia. Pola súa parte, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitaron a intervención da Policía Local e dos membros do Servizo Municipal de Protección Civil.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Finalmente, a moza foi trasladada por unha dotación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ao Complexo Hospitalario de Ourense (CHOU), pois presentaba un golpe na cabeza.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Do vehículo e o seu condutor nada se soubo porque desapareceu do lugar dos feitos.



Σχόλια


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page