top of page

Atopan viva á anciá desaparecida este xoves no municipio de Dozón

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

A muller de 72 anos foi localizada en Covelos sobre a unha da madrugada


ACTUALIZACIÓN: 8:15 HORAS

Ecos da Comarca/Dozón

Tras a angustia producida e tras a mobilización de familiares, veciños, voluntarios de Protección Civil de distintas localidades, axentes da Garda Civil, persoal de Axega e operarios municipais a anciá de 72 anos (segundo os últimos datos) desaparecida en Dozón apareceu viva sobre a unha da mañá de hoxe. Concretamente, foi localizada no lugar de Covelos (Cubelos) no concello de Dozón.

"A muller foi atopada polo fillo e atópase ben, non precisa asistencia sanitaria", informa o alcalde do municipio, Adolfo Campos.
"Grazas a colaboración de todos os medios e a solidaridade da veciñanza que coñecen ben a zona e rematou todo ben", comenta a voceira do BNG, Mar Vila

Elvita, que padece demencia senil, faltou onte sobre as catro da tarde da súa casa de A Lama, na parroquia de Saa.


Persoas buscando durante o operarivo de onte a noite en Dozón.



0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page