top of page

Atopan sen vida a un home nun barranco de difícil acceso preto do seu domicilio en O Pino

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/O Pino

Atopan sen vida a un home nun barranco de difícil acceso preto do seu domicilio en O Pino

Os Bombeiros de Arzúa rescataron o corpo do varón, que foi atopado moi preto da súa vivenda situada no lugar de Santa Irene, en Arca, no concello coruñés de O Pino.

Pasadas as cinco e media da tarde pasada, un particular contactou co 112 Galicia para solicitar axuda. Indicaba que botaba en falta a un veciño que vivía só, que non vía dende facía dous días e, ante a sospeita de que lle puidera ocorrer algo no interior da vivenda, pedía axuda.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

De inmediato, tras a conversa con este particular, os xestores do 112 avisaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Arzúa e á Garda Civil. 


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Unha vez no lugar os Bombeiros entraron na vivenda e non atoparon ao home nin no interior nin nos exteriores da vivenda, iso si, atoparon o coche estacionado no alpendre.

Así, tras seguir coa busca polos arredores, ao fío das 21:00 horas, os axentes da Garda Civil comunicaron ao 112 Galicia o achado do varón. Indicaron que fora localizado nun barranco de difícil acceso, pola parte de arriba do seu domicilio.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Foi precisa a intervención dos Bombeiros, que tras realizar as correspondentes dilixencias no mesmo lugar dos feitos por parte da Policía Xudicial, rescataron o corpo e procedeuse co levantamento do cadáver.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page