Atopan puntas cravadas nas espigas de dúas fincas de millo de Monterroso
Laura Moure/Monterroso
Unha veciña das comarcas denuncia publicamente a través das súas redes sociais a colocación de puntas nas espigas en dúas fincas de millo no municipio de Monterroso.

En concreto isto acontenceu na aldea de Tarrío de Burxergos, na parroquia monterrosina de Tarrío. "Nos mundos nos que estamos e ca crisis económica que estamos a vivir para gastar en puntas xa ten cartos... Cantas caixas compraría e canto tempo estaría a fastidiar dúas pedazos fincas de millo", lamenta a afectada.
Estaban ensilando cando descrubriron os cravos. Isto é unha acción moi grave que pode provocar a morte dos animais despois de todo o traballo e custe que ten unha plantación. Agora os donos deben ir unha por unha para revisar todas as espigas e evitar así poñer en risco aos animais, e incluso, á maquinaria.