top of page

Atopan o corpo sen vida do mozo pescador que caera á auga no Páramo


Ecos da Comarca/Xeral

Finaliza o operativo de busca do mozo pescador que caera á auga en O Páramo ao aparecer o seu corpo sen vida. Os técnicos da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) anularon a saída do seu equipo de drons que se ían sumar a busca do mozo desaparecido onte cando caeu á auga ao tratar de recuperar a súa cana.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

O 112 Galicia tivo constancia da aparición do corpo cando os axentes da Garda Civil o notificaron minutos antes das 14 horas. Segundo indican, o corpo apareceu no encoro preto de onde se estaba a levar a cabo o operativo de busca.


Tamén, nas últimas horas, desde o 112 Galicia, xestionouse a intervención do grupo de atención psicolóxica, GIPCE, do Colexio de Psicólogos de Galicia, para ofrecer a axuda especializada á familia do falecido.


Publicidade

Preme na imaxe para contactar con nós.

Cabe mencionar que tamén apareceu o corpo sen vida do bañista que caeu a auga tamén onte en Taboada: https://www.ecosdacomarca.com/post/a-garda-civil-localiza-o-corpo-sen-vida-do-home-desaparecido-na-auga-en-taboada


NOTICIAS RELACIONADAS:


留言


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page