top of page

Atopan na Agolada a un veciño do municipio morto no interior do seu coche

Toda parece indicar que a vítima levaba falecido 24 horas

O Consistorio de Agolada.

Autor: Ecos da Comarca


Laura Moure/Agolada

Un veciño do municipio de Agolada foi atopado hoxe despois do mediodía falecido no interior do seu vehículo, que estaba estacionado xunto ao consistorio agoladés. Foi precisamente, unha das traballadoras do Concello quen deu a voz de alarma.


O veciño, cuxas iniciais son P.P. é de Brocos, tiña 57 anos e vivía só. Onte pola mañá estivo no consistorio, sobre as doce da mañá. Ademais, algún veciño conta que o viu nun bar da praza e son varios os que apuntan a que o seu coche levaba desde onte no mesmo sitio aparcado, entre estes unha traballadora do Concello que asegura que hoxe cando chegou alí pola mañá o coche seguía no mesmo lugar.


Ninguén se deu conta antes porque o falecido atopábase tumbado sobre o asento do copiloto. A traballadora do Concello que o viu por casualidade, cando terminou a súa xornada laboral, sobre ás 15:00 horas, aparcara cerca do seu coche.


Ao lugar desprazouse unha ambulacia do 061 e os axentes da Garda Civil que determinaron que a persoa estaba falecida. Houbo que agardar ao levantamento do cadáver por parte de xuíz de garda e todo apunta a causas naturais.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page