top of page

Atopan ao veciño de Camanzo, Vila de Cruces, que estaba desaparecido

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

Sobre as 10 da mañá deste domingo, o Concello de Vila de Cruces informou a través das súas redes de que Moncho, o veciño da parroquia de Camanzo que estaba desaparecido, foi localizado con vida.


Fora visto por última vez este sábado, 18 de abril, ás 18:00 horas na estrada xeral PO-960 ao pasar á gasolinera de Camanzo, no cruce que vai cara o campo da festa das Mercedes.

"Queremos agradecer a colaboración da veciñanza e de todas as persoas que axudaron na súa busca e difusión", sinala o Concello cruceño.


Ao mediodía o 112 informou que o octoxenario foi localizado esta mañá por un voluntario de Protección Civil nun souto preto da súa vivenda.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

A súa familia viuno por última vez onte pola tarde e, contra a noitiña, chamou ao 112 Galicia para pedir axuda porque non daban con el.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Deste xeito, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia informaron aos axentes da Garda Civil, que comezaron un operativo de busca ata a madrugada coa colaboración de Protección Civil.


Sen embargo, foi esta mañá, pasadas as nove, cando un voluntario atopou o señor nun souto preto da vivenda. Presentaba síntomas de hipotermia, polo que foi trasladado ao Hospital Clínico de Santiago.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page