top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Atopan a mochila de Adriana Carrillo Calvo, a menor de Ordes que está desaparecida

Ecos da Comarca/Xeral

A oficina de prensa da Comandancia da Garda Civil da Coruña informa que hoxe, sábado, a media mañá un veciño da localidade de Fisterra localizou a mochila de Adriana Carrillo Calvo, a menor de Ordes de 14 anos que está desaparecida dende o martes, 22 de outubro.

Adriana Carrillo.

Na mesma, como indica a Garda Civil, está a documentación da desaparecida, pero non o seu teléfono móbil. A mochila foi atopada na praia Mar de Fóra, en Fisterra.


"Onte estivo vixiando a zona o servizo aéreo. Esta mañá patrullas de seguridade cidadá xunto cos drons da Axega seguiron traballando na zona. (Fisterre e arredores). Esta tarde incorpórase ao dispositivo de búsqueda de Seguridade Cidadá, o GEAS, o grupo de actividades subacuáticas", informa a Benemérita.


Tal e como indica o 112 Galicia, un amplo dispositivo por terra e aire, coordinado e posto en marcha pola Garda Civil, leva xa tres días buscando á menor na zona de Fisterra, onde se localizou a última sinal do seu teléfono móbil.


Publicidade

Foi a propia Garda Civil quen, durante a tarde do venres, contactou co 112 Galicia para solicitar a colaboración dos drons do Grupo de Apoio Loxístico (GALI) da Axencia Galega de Emerxencias. A unidade uniuse ás tarefas de busca a primeira hora da mañá deste sábado na zona dos cantís de Mesa Regada, moi escarpados e nos que un dispositivo por terra pode resultar perigoso.


Publicidade

Unha vez recibida a información, desde o 112 Galicia púxose en coñecemento á Policía Autonómica e aos voluntarios de Protección Civil de Fisterra, que xa traballaban no lugar.

Os axentes da Garda Civil coordinan o operativo desde o Faro de Fisterra."Se alguén ten algunha información pode contactar coa Garda Civil a través do 062", subliña a Benemérita.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page