top of page

Atletismo Deza acada a quinta posición no Campionato Galego de Clubs Sub10 Feminino

O club de Lalín participou tamén no masculino Sub10, logrando unha 6ª posición, e nos Sub12 masculino e feminino, nos que conseguiu a 10ª e 11ª posición


Ecos da Comarca/Lalín

O Club Atletismo Deza participou no Campionato Galego de Clubs Sub10 e Sub12, que tivo lugar no Barco de Valdeorras. Dende o Club cualifican de “éxito rotundo” a participación no campionato, posto que forma parte dos tres clubs que puideron clasificar a todos os equipos posibles.

En canto a resultados, o Club acadou a quinta posición no campionato Sub10 feminino e sexta no masculino. En canto a participación das probas de Sub12 masculino e Sub12 feminino, os resultados foron 10ª e 11ª posición, respectivamente.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Dende o Club afirman que estes resultados son “un orgullo” e consolidan a Escola como unha das máis importantes no atletismo galego. “Queda moito traballo por facer, pero paso a paso iremos conseguíndoo”, indican e engaden que entenden “que para as familias percorrer tantos quilómetros para realizar unha proba é complexo, por iso a satisfacción é maior”.


Campus de verán

Dende o Club indican que as inscricións para o campamento continúan abertas ata o 10 de xuño. As actividades levaranse a cabo entre o 24 de xuño e o 26 de xullo, podendo reservar unha ou máis semanas. As prazas están limitas a 50 persoas por semana, dividíndose estas en tres grupos de idades. Poderán participar no Campus Atletismo Deza os rapaces/as nados/as entre o 2018 e o 2012.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O prezo é de 40 euros/semana para atletas do club e de 45 euros/semana para os non

pertencentes ao club. No caso de que só se reserve unha única semana o prezo incrementarase 5 euros. Para realizar a inscrición é preciso solicitar a ligazón ao correo

atletismo.deza@gmail.com ou poñerse en contacto con Nacho (623 189 677) e só se contarán as inscricións que conten co pago realizado e confirmado pola organización.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page