top of page

Atlético Ollares proclamouse campión da Liga Local de Fútbol 7 – 2025 de Vila de Cruces

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O xoves deuse por finalizada a Liga Local de Fútbol 7 do Concello de Vila de Cruces, unha competición que estivo dividida en dúas fases ben diferenciadas e que destacou polo bo nivel futbolístico amosado por todos os equipos participantes.


A primeira fase, de carácter regular, serviu para determinar os conxuntos que accederían ás derradeiras fases: a loita polo título e a fase de consolación. Nesta etapa inicial, o gran

dominador foi o equipo Tropteam, que conseguiu impoñerse en case todos os seus encontros, cedendo unicamente un empate.

Atlético Ollares.
Atlético Ollares.

Unha vez rematada a fase regular, os equipos clasificáronse do seguinte xeito:


Para a fase final: Tropteam, Team Película, Atlético Ollares e Matt Kenn FC.

Para a fase de consolación: Os Gedeias, Sporting Cruces, Bar Puskas e Los de la Nasa.


Con esta clasificación, deron comezo dúas ligas independentes nas que todos os equipos competiron con intensidade, paixón e deportividade. A emoción estivo presente ata o último momento, xa que os resultados finais non se decidiron ata a conclusión do derradeiro encontro de cada fase.


Publicidade


Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Fase de Consolación

A emoción mantívose ata os últimos partidos. O primeiro posto non se decidiu ata o derradeiro encontro, no que Os Gedeias venceron por un axustado 4-2 a Sporting Cruces, garantindo así o liderado desta fase.


A loita polo terceiro posto tamén foi intensa. No duelo entre Bar Puskas e Los de la Nasa, foron estes últimos os que se impuxeron cun axustado 3-2, quedando así no terceiro chanzo do podio.


Publicidade


Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Fase Final

Nesta fase, a igualdade foi máxima, con tres equipos chegando con opcións reais de facerse co título ata o último partido. O número total de goles a favor acabou por determinar o campión.


Tropteam impúxose a Team Película por 5-1.  Atlético Ollares logrou unha contundente vitoria fronte a Matt Kenn FC por 12-2.


Con estes resultados, tanto Tropteam como Atlético Ollares remataron con 7 puntos, empataron no duelo directo (1-1), e tamén na diferenza de goles (+11). A clave estivo no número total de goles marcados:


  • Atlético Ollares: 15 goles

  •  Tropteam: 13 goles

Deste xeito, Atlético Ollares proclamouse campión da Liga Local de Fútbol 7 – 2025.


"Queremos felicitar aos campións Atlético Ollares e a Os Gedeias, así como a todos os equipos participantes, pola súa entrega, deportividade e compromiso ao longo da competición. Grazas por facer da Liga Local de Fútbol 7 do Concello de Vila de Cruces un verdadeiro éxito", sinala a organización.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page