ATENCIÓN! O Concello de Vila de Cruces alerta dunha estafa
"Hai unha persoa chamando ás empresas do noso municipio facéndose pasar por persoal do Concello pedindo un ingreso económico a cambio de incluir publicidade das mesmas nunha suposta revista que vai facer o concello"
Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O Concello de Vila de Cruces alerta dunha estafa. "Acábannos de comunicar que hai unha persoa chamando ás empresas do noso municipio facéndose pasar por persoal do Concello pedindo un ingreso económico a cambio de incluir publicidade das mesmas nunha suposta revista que vai facer o concello. Non se descarta que tamén poidan chamar a particulares", advirte o Concello a través das súas redes sociais.
"Dende o concello queremos avisar de que isto non é certo. Se recibides algunha chamada deste tipo denunciádeo ao momento. É unha ESTAFA. Dende o Concello queremos recordar que este tipo de chamadas e actos son un DELITO moi grave", recalca.