Atención! Corpo luminoso a gran velocidade no ceo por Galicia e sismo de magnitude 3.1
- ecosdacomarca
- 19 feb
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
O 112 Galicia informou este mediodía de dous fenómenos rexistrados nas últimas horas en Galicia.
Publicidade
Por un lado, varios alertadores informaron ao 112 Galicia dun corpo luminoso a gran velocidade no ceo. As comunicacións chegaron desde as localidades de Sarria e A Coruña, onde varios particulares informaron ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias a primeira hora desta mañá. Non se rexistrou ningún tipo de danos persoais ou materiais.
Todos os avisos producíronse minutos despois das 8:20 horas, e os particulares coincidían nas súas observacións: unha luz de cor verde acababa de cruzar o ceo a gran velocidade.
Outro dos alertadores, que contactou co 112 Galicia desde Betote (Sarria), sinalou que o obxecto acabara por dividirse en tres partes. Os xestores do 112 Galicia informaron aos axentes da Policía Nacional e da Garda Civil.
Por outra banda, o 112 informa que o Instituto Xeográfico Nacional vén de rexistrar esta mañá un sismo de magnitude 3.1 con epicentro no municipio ourensán de Trasmiras.

No Centro Integrado de Atención ás Emerxencias non se recibiu chamada algunha alertando sobre os feitos, que segundo a información recollida polo 112 Galicia sucederon uns dez minutos despois das 10:30 horas.
Comments