top of page

Asunción García Hernández incorpórase ao goberno municipal de Silleda como concelleira de Medio Rural

Laura Moure/Silleda

Asunción García Hernández tomou posesión hoxe como concelleira da Corporación Municipal de Silleda tras a marcha de Jesús Taboaba Lázara. García Hernández, de 51 anos de idade e veciña da parroquia de Escuadro, figuraba na lista do grupo do PSOE como número 8 da candidatura.

Avicultora de profesión, e vinculada no seu día a distintos movementos sociais como o programa Vacaciones en Paz para nenos e nenas do Sáhara, Asunción García, asumirá a área de Medio Rural, que ostentou nas dúas últimas lexislaturas Taboada Lázara.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
A nova Corporación de Silleda.

O resto das áreas do executivo local quedan como estaban trala reorganización

levada a cabo o pasado mes de xaneiro. Así, a alcaldesa, Paula Fernández Pena ten tamén as competencias en matería de Xestión Urbanística, Promoción Económica e Réxime Interno. A tenenta de alcaldesa, Mónica González, continúa cas áreas de Xestión Social (Cultura, Deporte, Turismo, Mocidade e Participación Cidadá); Ángela Troitiño ca área de Benestar, Educación e Igualdade, e Manuel Requeijo ca área de Transición Demográfico, e Antonio Ferro Losada, a área de Vías e Obras no Rural.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page