top of page
Foto del escritorLaura Moure

Asetem firma un convenio coa empresa de formación CIPRL para ofrecer vantaxes aos asociados

Laura Moure/Melide

A Asociación de Empresarios e Empresarias da Terra de Melide firma un convenio de colaboración coa empresa de formación CIPRL (Consultoría Integral Prevención de Riscos Laborais) para ofrecer vantaxes aos asociados e asociadas. Rodrigo Fernández Pombo, vicepresidente de Asetem, e Isabel Novo Bello, directora comercial de CIPRL, foron os encargados de firmar este acordo entre as dúas entidades o pasado xoves, 5 de xuño, nas instalacións de Asetem.

Con esta sinatura a Asociación empresarial dispón dunha entidade acreditada como CIPRL, que garanta aos seus socios e socias a información suficiente con criterios profesionais (certificados por APPLUS, tanto en Calidade Medio Ambiente, Seguridade Social e Seguridade na Información) e condicións especiais no referente á Prevención de Riscos Laborais e Formación obrigatoria.Grazas a este convenio, as empresas pertencentes á Asociación contarán con descontos no prezo dos cursos ofertados por CIPRL.


Publicidade

Esta empresa ofrece servizos nas 4 especialidades de prevención: seguridade, hixiene industrial, medicina no traballo e ergonomía e psicosocioloxía.


A maiores, CIPRL pechou un acordo coa empresa asociada Suministros Cire en Melide, para realizar nas súas instalacións todo tipo de formacións do convenio que necesiten as empresas da zona (carretillas, plataformas, elevadores, etc). Deste xeito, calquera acción formativa que necesite unha empresa, realizarase a parte teórica nas aulas de Asetem e a parte práctica nas instalacións de Suministros Cire, sempre que se consiga xuntar un grupo dun mínimo de traballadores e traballadoras que poden ser de varias empresas.


Publicidade

A directora comercial de CIPRL, Isabel Novo, está dispoñible para visitar de maneira presencial aos representantes dos establecementos e empresas asociadas, para resolver dúbidas ou obter máis información sobre estes cursos. Se os asociados e asociadas queren contactar con Isabel Novo, pode pedir o seu contacto a través de Asetem.


A duración da colaboración é dun ano, contado desde a firma do convenio (é dicir, ata xuño do 2025). Esta sinatura non se renovará se calquera das partes renuncia a facelo.

Dende a directiva da Asociación empresarial agradecen a dispoñibilidade de CIPRL e as vantaxes en canto a condicións dos seus servizos de cara aos asociados e asociadas.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page