Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Asetem-CCA traslada as opinións dos comerciantes melidenses sobre a ubicación do mercado dominical

Actualizado: jun 24


Ecos da Comarca/Melide

Comunicado íntegro da Asociación de Empresarios Terra de Melide- Centro Comercial Aberto (CCA-Asetem):


A principios do mes de xuño, un asociado da ASETEM solicitou poder usar o salón de actos da sede de dita entidade para manter unha reunión sobre as diferentes opinións e posturas arredor da localización do mercado dominical. Ante esta proposta, ASETEM – CCA acepta a petición do socio e cede o salón de actos para que se celebre dita xuntanza.


Este encontro entre comerciantes ten lugar o pasado 15 de xuño e ao que asisten tanto socios como non socios de ASETEM, en total unhas 35 persoas. Esta reunión é un debate aberto no que cada asistente expresa a súa opinión e parecer sobre a localización actual do mercado dos domingos, así como se propoñen diferentes lugares para acoller nun futuro próximo o mencionado mercado. Logo de debater, o organizador propón realizar unha votación para saber cantos dos alí presentes estaban de acordo en que o mercado volvera a situarse na zona vella e no Cantón de San Roque, é dicir, onde se situou ata a chegada da COVID – 19, engadindo certas cambios e melloras con respecto á situación actual (por exemplo, non invadir as entradas das tendas, non ocultar os escaparates ou evitar reducións considerables da vía pública que dificulten o tráfico dos viandantes). Nesta votación, saen 28 votos a favor.


Non obstante, dado que había varios comerciantes que non estaban de acordo con esta

proposta decidiuse votar unha segunda vez unha localización distinta: volver os postos

á antiga localización enlazando pola Avenida de América, Rúa Galicia e Praza das Universidades. Nesta volta, foron 32 os votos a favor. Esta proposta é a mesma que ten

formulado o Concello melidense para levar a cabo nos vindeiros meses, polo tanto, comerciantes e administración están de acordo na próxima localización do mercado. Dende a Asociación de Empresarios da Terra de Melide enviouse un escrito ao Concello

de Melide no que se recolle o sucedido na xuntanza entre os comerciantes de maneira detallada. En ASETEM – CCA cremos que unha das nosas tarefas principais é informar

e trasladar as necesidades e peticións dos comerciantes á administración local. Con esta nota de prensa queremos deixar claro que a asociación nin “esixe” nin “se plantou” para recuperar a localización anterior do mercado dominical, simplemente comunica as opinións latentes entre o tecido empresarial no tocante a esta cuestión.



241 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE