top of page

Asetem-CCA lanza unha campaña polo Día do Pai co sorteo de 150 euros para gastar na hostelaría local

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Esta iniciativa de Melide comeza hoxe e durará ata o día 19 de marzo


Laura Moure/Melide

Este ano ASETEM-CCA lanza unha campaña do Día do Pai para impulsar e promover as vendas no comercio local. Esta iniciativa celebrarase dende hoxe ata o propio día desta celebración, o sábado 19, período no que as persoas que merquen nos establecementos de proximidade asociados entrarán nun gran sorteo dun vale de 150 euros para gastar nun local hostaleiro da vila que forme parte da asociación.

Para participar neste sorteo a única condición é comprar nun comercio local asociado a

ASETEM e cubrir unha papeleta cos seus datos persoais. O sorteo realizarase o vindeiro

mércores 23 nas oficinas da asociación e subirase o vídeo as redes sociais. Coa afortunada ou afortunado poñeranse en contacto dende a organización empresarial para facerlle entrega do vale de 150 euros. As bases do sorteo están publicadas na páxina web da entidade. https://www.asetem.com/


"En ASETEM-CCA a nosa prioridade é apoiar aos nosos comercios e animar á poboación a implicarse e a mercar nos pequenos establecementos, para iso e como complemento ao sorteo por cada compra entregarase unha caixiña de cariño cunhas lambetadas dentro para poñerlle o toque doce a esta campaña".

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page