top of page

ASETEM – CCA lanza a campaña “Somos Familia. Son mamá e papá”

Sortearanse dous vales de compra de 50 euros que se poderán gastar nos establecementos asociados


Laura Moure/Melide

Este ano ASETEM-CCA lanza unha nova campaña, “Somos Familia. Son mamá e papá” para impulsar e promover as vendas no comercio local co gallo do 19 de marzo. A sociedade avanza e as familias cada vez son máis variadas e diversas por iso, nesta convocatoria faremos unha actividade máis inclusiva que recolla todo tipo de familias.


Publicidade

Esta iniciativa celebrarase dende o día 5 ata o propio 19 deste mes, período no que as persoas que merquen nos establecementos de proximidade asociados, saquen unha fotografía comprando un agasallo ou do propio produto nun establecemento da vila e a suban a Instragram ou Facebook co cancelo #SomosFamilia poderán gañar un vale para gastar nos negocios de proximidade.


Para premiar a fidelidade e a implicación da clientela cos comercios locais sortearanse

dous vales de compra de 50 euros que se poderán gastar nos establecementos asociados

a Asetem. Os gañadores/as serán as fotos con máis “gústame” en Instagram e

Facebook. O nome das persoas premiadas publicarase nas redes sociais de Asetem o

vindeiro martes 19 de marzo. As bases da campaña están publicadas na páxina web da

entidade para consultar.


Publicidade

Ademais, nesta ocasión tamén haberá premio para os negocios participantes, xa que o

establecemento onde se faga a foto premiada, é dicir, a que máis “gústame”

reciba gañará un anuncio anual no Cerne.




0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page