As XX Xornadas de Limpeza do río Furelos serán o 31 de agosto e o 7 e 14 de setembro
- Laura Moure
- 8 ago 2024
- 2 Min. de lectura
Levaranse a cabo tanto en horario de mañá como de tarde
Laura Moure/Melide
A Asociación de Troiteiros Río Furelos informa que as XX Xornadas de Limpeza deste río serán o 31 de agosto e o 7 e 14 de setembro. Os horarios serán de 9:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas e o encontro na praia fluvial de Furelos.

"No río Furelos non hai nin lei nin responsabilidades. Cada pouco tempo vertidos, catástrofes previstas, mala xestión... Nadie dimite nin dá explicacións. O pobo está dormido ou case morto como o río. Reivindicamos o Patrimonio Natural de todos, esiximos o fin dos vertidos", sinala a asociación.
Publicidade
Ao longo dos anos, e unha vez máis a Asociación de Troiteiros “Río Furelos”, asume unha política rigorosa de prevención e defensa do río e do Medio Ambiente. O Programa “Xornadas de Limpeza do Río Furelos e Afluentes”, enumera un conxunto de compromisos que contribuen para a preservación do río e da súa biodiversidade e riqueza piscícola. "Porque amar o río Furelos está en mans nosas, participa, colabora e contribúe por un ben que é de tod@s. Lugar de encontro e socialización, de acollida e respeto que comparten as persoas que habitan e visitan. Non te deixes levar por prácticas inapropiadas, deposita o lixo nas papeleiras e colectores. O río e o seu entorno ten un valor excepcional, goza da paz e da calma. Axúdanos a axudarte", engade o colectivo.
Publicidade
Os voluntarios teñen que traer a roupa e calzado adecuado para participar nas Xornadas de Limpeza, todo o demais xa corre a cargo da organización. Ao remate de cada xornada matutina haberá un xantar a cargo da organización no mesmo río Furelos e no remate do serán darase a cada participante un bocadillo e agasallos ( unha camiseta, bisera e pin conmemorativos).
Comments