top of page
Perruquería Marisa.gif

As Xuventudes Socialistas de Galicia collen firmas en Silleda para mellorar a conexión interurbana

Alertan do abandono do rural nun momento de extrema delicadeza pola crise enerxética


Laura Moure/Silleda

As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) estiveron en Silleda recollendo firmas para unha ILP (precisan 2500) que busca mellorar a conexión interurbana no país. Baixo o lema “aBUSar nunca foi TRENdencia” alertaban do abandono do rural acompañados do alcalde, Manuel Cuíña e da tenente de Alcalde, Mónica González, nun momento de extrema delicadeza pola crise enerxética.

Enrique García, secretario de organización nacional, acompañado do Secretario Educación, Formación, Universidades e Normalización Lingüística das XSG, reprochou ao señor Alfonso Rueda e á señora Ethel Vázquez que “se olvidasen do transporte e da cidadanía no relativo ao dereito de mobilidade nos concellos de Galicia”.

 

Ademais, o secretario de organización, incidiu en que “o modelo da Xunta é un modelo caduco”, confrontándoo co modelo do Goberno de España cos bonos de transporte ferroviario. “Basta xa que teña que ser o Goberno de España o que teña que aplicar o 30% de desconto en materia de transporte e que a Xunta, que ten a competencia de aumentar esta bonificación ao 50%, non o vai facer”, explicou.

Manuel Cuíña, alcalde da vila, apoiou a iniciativa remarcando que en Silleda “agora mesmo os nenos e nenas e os mozos e mozas que estudan fóra teñen problemas porque non hai frecuencias”.

 

O alcalde da localidade sinalou a importancia de que ”Silleda non esté con todas as da lei no Transporte Metropolitano de Santiago e non se pode consentir que mozos e mozas da Ulla teñan un servizo que non teñen os de Silleda”.

 

Ambas organizacións coinciden na "pésima xestión por parte da Xunta da Tarxeta Xente Nova, que máis que facilitar a vida da mocidade, complicouna".

 

134 visualizaciones0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page