top of page

As temperaturas medias de xuño na estación de Mouriscade (Lalín) son alarmantes

Artigo do xeógrafo lalinense Antonio Presas


Antonio Presas, xeógrafo lalinense

En ECOS DA COMARCA compartimos este artigo autoría de Antonio Presas, xeógrafo lalinense, sobre as temperaturas rexistradas na estación de Mouriscade, Lalínn no pasado mes de xuño.


AS TEMPERATURAS MEDIAS DE XUÑO NA ESTACIÓN DE MOURISCADE (LALIN) SON ALARMANTES


"A utilización da palabra "alarmante", neste caso concreto, pode considerarse discutible, pero o que hai que ter en conta é que a temperatura media do mes de xuño (un valor que se obtén con 144 lecturas diarias de temperatura durante 30 días) foi excesivamente elevada respecto dos valores medios correspondentes ao período 1983-2025, con datos completos de 42 anos.

A temperatura media do mes de xuño foi de 18,99ºC, é dicir 19ºC, un valor sorprendente, sobre todo se temos en conta que a temperatura media de xuño (datos medios de 42 anos, de 1983 a 2025) foi de 15,8ºC. Estamos, polo tanto, 3,2ºC por encima do valor promedio correspondente a un xuño que parece, máis ben, un mes de xullo.


O valor mínimo rexistrado entre 1983-2025 corresponde ao ano 1997, no que temperatura media do mes de xuño foi 13,4ºC. En consecuencia, a amplitude térmica de xuño (1983-2025) é de 5,6ºC (19ºC-13,4ºC), un valor bastante pronunciado, como se mostra na fig. 1.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A evolución das temperaturas medias mensuais nos seis primeiros meses do ano 2025, agás o mes de marzo, están sempre por encima do valor medio e seguen un paralelismo bastante marcado respecto do sucedido en 2024. De todas formas o máis sorprendente é a desviación da liña no mes de xuño, cun valor que parece propio do mes de xullo. ¿Que sucederá nos meses de xullo e agosto, tendo en conta esta evolución? (figura 2)

Nos últimos anos, especialmente desde 2022, as temperaturas medias sempre foron superiores ao valor promedio (44 anos) e, nese contexto, un dos valores que máis sorprende, pola súa elevación, é o correspondente á temperatura media de xuño 2025. Algo semellante sucedeu no mes de xullo 2022 (figura 3).

Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

En conclusión, as elevadas temperaturas medias do mes de xuño, na estación de Mouriscade, superiores en 3,2ºC ao valor promedio (15,8ºC), poden ser consideradas como un precedente anómalo, respecto do que pode suceder durante os seguintes meses de xullo e agosto. Por sentido común, cabe esperar que o verán sexa de caracter extremo respecto dos valores medios existentes.


Estamos metidos no medio dun cambio climático e iso maniféstase de moitas formas, polo que, o aquí analizado pode ser outro aspecto máis do mesmo fenómeno".


Antonio Presas, xeógrafo lalinense.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page