As temperaturas máximas, medias e mínimas na estación de Lalín en xuño de 2026
- ecosdacomarca

- 6 jul
- 2 min de lectura
Artigo do xeógrafo lalinense Antonio Presas
Antonio Presas
Compartimos este artigo do xeógrafo lalinense Antonio Presas.
AS TEMPERATURAS MAXIMAS, MEDIAS E MINIMAS NA ESTACIÓN DE LALIN EN XUÑO 2026
1-CONSIDERACIÓNS XERAIS
A nivel de Comarca de Deza foi un gran acerto que Meteogalicia decidira instalar, no ano 2017, unha estación meteorolóxica no Agro de Lalín de Arriba (en Feás), a maiores da existente en Mouriscade, instalada no ano 1982 polo Centro de Investigacións Forestais de Lourizán.
A estación de Lalín proporciona datos dun territorio que se atopa a unha altura moi representativa a nivel de Galicia (600 m), sen interferencias de caracter local, mentres que a de Mouriscade está dentro da gran "inversión térmica da conca media do río Asneiro". Comparando os datos das dúas estacións poden sacarse conclusións bastante representativas do noso clima e dos microclimas que hai dentro do mesmo.
PUBLICIDADE
En concreto, o mes de xuño de 2026, que foi un dos máis calurosos dos últimos anos, cun valor medio de 18,88ºC, aínda que superado polo xuño de 2025 cun promedo de 19,5ºC.
A temperatura media do mes de xuño no período 2017-2026 é de 16,6ºC e o mes de xuño máis frío foi no ano 2019 cun promedio de 14,1ºC.
A temperatura media anual de Lalin, segundo os datos desta estación é de 12,6ºC, un valor moi similar ao da serie de ILEPSA-AEMET (1957-1982) cun valor promedio de 12,5ºC.
A temperatura media de xuño da serie de ILEPSA-AEMET (1957-1982) é de 16,5ºC (0,5ºC máis baixa ca nova serie de Meteogalicia).
PUBLICIDADE
2- A EVOLUCION DAS TEMPERATURAS MAXIMAS, MEDIAS E MINIMAS EN LALIN NO MES DE XUÑO 2026
Media mensual das máximas: 25,57ºC
Media mensual da medias: 18,88ºC
Media mensual das mínimas: 12,4ºC
PUBLICIDADE
A mellor maneira de apreciar a evolución diaria das temperaturas máximas, medias e mínimas é observar o gráfico adxunto.

En resumo, podemos decir que ata día 23 de xuño as temperaturas experimentaron unha evolución ascendente forte e case constante. No caso da temperatura media o mes empezou cun valor de 15ºC para superar os 26ºC o 23 de xuño, é decir, a temperatura media subiu uns 11ºC nun corto prazo duns 20 días, concretamente 12ºC o día 5 de xuño e 27ºC o 23 de xuño.
A finais de mes experimentou unha baixa para situarse nun valor normal superior ao de comezo de mes, uns 19ºC.
O mes de xuño caracterizouse pola chegada sucesiva de dúas vagas de calor con forte influenza de ventos do Sur, de procedencia sahariana e subsahariana.









Comentarios