top of page

As reservas para participar na cea de peñas da Festa da Empanada da Bandeira, abertas ata o 19 de agosto

A Asociación de Amigos da Empanada presentará hoxe, venres, o  cartel e a programación da XLIX edición desta cita


Laura Moure/Silleda

A Asociación de Amigos da Empanada presentará hoxe, venres 8 de agosto, ás 20:00 horas, na Praza Juan Salgueiro de Bandeira, o cartel e a programación da XLIX edición da Festa da Empanada, a primeira que se celebra despois de obter o recoñecemento como

Festa de Interese Turístico Nacional.

Nesta edición, a comisión decidiu recuperar o formato tradicional da festa. Os actos principais terán lugar na tarde do sábado, mantendo como peche a tradicional cea de peñas, un dos sinais de identidade da celebración.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Por motivos organizativos, este ano non se realizará o tradicional petitorio porta a porta. No seu lugar, a Asociación fai un chamamento á colaboración da veciñanza a través de achegas económicas voluntarias, que se poden ingresar na seguinte conta bancaria:

ES07 2080 5013 7230 0008 6620

Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

As reservas para participar na cea de peñas xa estáb abertas dende o pasado día 6 ata 19 de agosto, en horario de 18:00 a 21:30 horas, na Casa da Cultura de Bandeira. Desde a Asociación de Amigos da Empanada agradécese expresamente o apoio recibido ata o momento e as achegas realizadas, fundamentais para garantir o desenvolvemento da festa.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page