Os clientes para poder conseguir dito obsequio deberán facer unha merca superior a 50€ nalgunha tenda participante na campaña «Rebaixas de Verán»
Laura Moure/Arzúa
A Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa organiza unha campaña de dinamización comercial para impulsar o consumo nas rebaixas de verán do comercio local. Para isto, AECA premiará aos clientes que consuman nas rebaixas do Centro Comercial Aberto de Arzúa con 1.000 premios seguros e directos que consistirán nun agasallo promocional.
Os clientes para poder conseguir dito obsequio deberán facer unha merca superior a 50€ nalgunha tenda participante na campaña «Rebaixas de Verán». Estos premios directos seranlles repartidos aos clientes polos propios comerciantes no momento da compra e ata o fin de existencias.
Publicidade
As tendas participantes, maioritariamente do sector moda, calzado e complementos, estarán identificadas pola cartelería da campaña e son as seguintes: Arroupadiños, Boutique Anduriña, Calzados Iglesias, Carola Moda Arzúa, Cempés, Deportes López, Estrenas Zapatería & Complementos, Euromueble Decoración, La Tienda de Marta, Lage Moda, M&D Lencería e Fogar, Mi Tata, Mía María, Miss Zapatos, Moda Sari, Novavisión Óptica, Óptica Abal, Sport Moda e Vadi Moda.
Dende AECA fan un chamamento á cidadanía, para que aposten polo comercio de proximidade durante este período de rebaixas xa que, mercar nas tendas locais é a única opción de consumo que repercurtirá na economía da comarca e axudará tanto a crear emprego como a fixar poboación.
Publicidade
Así mesmo, dende AECA invítase a desfrutar das rebaixas de verán dun xeito responsable, valorando a importancia do pequeno comercio, que se distingue pola súa maior especialización, profesionalidade e atención ao cliente, ofrecendo unha experiencia de compra única e personalizada que non se atopa noutros formatos comerciais. E recórdannos que apostar polo comercio local tamén é apostar por un mundo máis sostible.
Comments