As degustacións dos seus produtos contaron cunha gran participación
Laura Moure/Arzúa
As queixerías arzuás Verbas, Galmesano e Barral presentaron os seus produtos na no Salón de Turismo de Galicia, TUREXPO, no que un ano mais o concello de Arzúa conta cun stand para toda a súa potencialidade de gastronomía, ocio na natureza e do seu patrimonio cultural e monumental vencellado ao Camiño de Santiago. Para a concelleira de Turismo, Begoña Balado, a presencia nesta feira “supón dar continuidade á promoción que comezamos este ano na Feira Internacional do Queixo en Trujillo (Cáceres), onde representamos a Galicia, e que nos levará a varios certames profesionais para dar a coñecer o grande atractivo turístico de Arzúa”.
Precisamente as queixerías arzuás representan un dos grandes atractivos do salón polo interese co que os visitantes do salón acoden as degustacións que fan cos distintos elaborados de queixo que lles valeron ser un dos postos máis visitados no citado certame estremeño.

No stand e a través dun código Qr, terase acceso unha sorprendente oferta gráfica con textos explicativos que poden ser seleccionados en galego, castelán ou inglés. Con esta ferramenta búscase acceder ao público, tanto de orixe nacional coma internacional, que tradicionalmente cruza o territorio do concello peregrinando a Compostela por algún dos camiños de Santiago.
Outra das ferramentas destacadas son os mapas interactivos que mostrarán as novidades en nos recursos turísticos arzuáns dunha maneira atractiva e cunha experiencia de usuario orientada a conseguir que os potenciais turistas teñan en liña toda a informacións que precisan para a explorar e descubrir todo o potencial que se lles ofrece.
Para fomentar a comercialización de Arzúa como destino, a concelleira de turismo Begoña Balado xestionou a presencia dos operadores de restauración e hostalaría da vila na Bolsa de Contratación turística. Este encontro resultou de especial interese para os establecementos porque poderán tomar contacto con destacados touroperadores nacionais e internacionais e supón unha posibilidade destacada para dar a coñecer a oferta do teu establecemento a empresas maioristas de comercialización de paquetes turísticos.
Comments