top of page

As queimas de restos agrícolas e forestais amoreados seguirán prohibidas en Galicia ata novo aviso

Ecos da Comarca/Xeral

A Consellería do Medio Rural informa de que o pasado sábado, día 30, remata a tempada de alto risco de incendios forestais na nosa comunidade. Porén, as queimas de restos agrícolas e forestais amoreados seguirán prohibidas en Galicia ata novo aviso, tendo en conta a variabilidade das previsións meteorolóxicas para os vindeiros días.

Preme na imaxe para obter máis información.

Polo tanto, non se concederán comunicacións nin autorizacións para realizar ditas queimas. "Insistimos en que, ata novo aviso, non está permitido o uso do lume para ningunha actividade agrícola e forestal", recalca a Consellería.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A decisión tomouse tendo en conta que a normativa –Decreto 105/2006, polo que se regulan medidas relativas á prevención de incendios forestais, á protección dos asentamentos no medio rural e á regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais– prohibe as queimas cando as condicións meteorolóxicas así o estimen.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page