top of page

As piscinas municipais de Silleda estarán abertas ao público ata o domingo 12 de setembro

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

O Concello decidiu ampliar a apertura á vista das previsións de bo tempo e debido a que en xullo, polas condicións climatolóxicas, apenas se rexistraron entradas


Laura Moure/Silleda

As piscinas municipais de Silleda e Bandeira continuarán abertas ao público ata o vindeiro domingo día 12 de setembro. Dende o goberno municipal de Silleda á vista das previsións de bo tempo e calor para os vindeiros días decidiuse ampliar este servizo, tendo en conta tamén que as malas condicións climatolóxicas fixeron que este verán fora un dos de menor afluenza a este servizo municipal.


Nos últimos anos as dúas instalacións mantíñanse abertas ata o día 1 de setembro, data na que se daba por rematada a tempada, pero á vista da situación deste ano decidiuse prorrogar a tempada ata o domingo 12. O horario de apertura durante o mes de setembro será de 14:00 a 21:00 horas.

Acondicionamento para a súa apertura.

As instalacións municipais, onde se realizaron ademais melloras nos últimos meses (pintáronse as fachadas, renovaronse os paneis das normas de uso e estrenáronse os novos vestiarios e aseos no caso de Silleda), abriron as súas portas o pasado día 1 de xullo. Ao longo do primeiro mes, só se rexistraron –sen contar as persoas que accederon con bonos- 1.095 entradas, unha cifra moi baixa en comparación con anos anteriores. No que vai do mes de agosto, o nivel de afluenza subiu superando os 2.100 accesos.


A día de hoxe, e dado que Silleda está no nivel medio de restriccións pola incidencia da Covid-19, o aforo das instalacións está reducido ao 50%. As persoas usuarias teñen que facer uso da máscara nos desprazamentos polas instalacións e procurar manter a distancia física de 1,5 metros.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page