top of page

As piscinas municipais de Silleda batiron récords de afluencia este ano con máis de 6.000 entradas

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

As elevadas temperaturas ampliaron os rexistros habituais nos recintos de Silleda e da Bandeira, que pecharán as súas portas o vindeiro domingo día 4


Laura Moure/Silleda

As piscinas municipais de Silleda batiron récord de afluencia este verán. En total, a cifra de visitantes dende o pasado día 1 de xullo, data na que abriron os dous recintos municipais,  superou as 6.000 entradas.


A data deste martes, 30 de agosto entraran nas piscinas de Silleda e da Bandeira un total de 6.012 persoas. O mes de xullo foi o que máis accesos rexistrou, con 4.805 entradas, sen contar ás persoas que accederon cos bonos.

Respecto aos accesos bonificados, para persoas empadroadas en Silleda –con descontos tanto a nivel individual como familiar- nesta tempada vendéronse un total de 147, para utilizar indistintamente nos recintos de Silleda e da Bandeira.


As elevadas temperaturas deste verán aumentaron notablemente a afluencia de público nas piscinas silledenses, que batiron un novo récord superando as cifras habituais de anos anteriores.


Os dous recintos pecharán as súas portas ao público o vindeiro domingo día 4, poñendo fin á tempada de 2022, xa que as previsións meteorolóxicas auguran un descenso de temperatura e choivas na semana seguinte.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Nesta última tempada o Concello de Silleda afrontou tamén melloras nas piscinas. Así, dotouse tanto ao recinto de Silleda coma o da Bandeira de senllas sistemas de clorado e control do PH da auga, con dispositivos que permiten controlar e mellorar a calidade da auga (incluindo unha bomba dosificadora de caudal e panel de control, entre outros dispositivos) así como garantir a seguridade do persoal que se encarga do mantemento das piscinas.

 

 

 

 

 

 

 

 


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page