top of page

As piscinas municipais de Silleda abrirán o 1 de xullo

Os bonos venderanse no pavillón a partir do vindeiro luns e para asistir aos cursos de natación hai que inscribirse a partir do 3 de xullo


Laura Moure/Silleda

As piscinas municipais de Silleda, con dous recintos en Silleda e na Bandeira, abrirán ao público o vindeiro sábado día 1 de xullo. A partir do luns día 3 poderán tamén realizarse as inscricións para os cursos de natación cos propio personal de socorrismo.

ree

O horario dos cursos será como nos últimos anos pola mañá dende as 12:00 horas e establecerase en función do número de quendas necesarias para a realización dos mesmos. Ao igual que o ano pasado, tamén se ofrecerán cursos de ximnasia na auga para persoas adultas. Os cursos de natación para nenos e nenas (a partir de 5 anos), serán os

luns, mércores e venres de 12:00 a 14:15 horas. Para os maiores, os martes e xoves tamén no mesmo horario.


Horario de apertura

As piscinas abrirán ao público a partir das 14:30 e ata as 21:00 horas, de luns a venres. Os sábados, domingos e xornadas festivos, o horario será de 15:00 a 21:00 horas.

ree
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O custe da entrada ao recinto será de 1 euro por día, tal e como recolle a ordenanza de instalacións deportivas aprobada en 2011, e abonarase nas propias instalacións. Tamén comenzarán a venderse no pavillón municipal César G. Fares de Silleda, a partir do vindeiro luns día 26 en horario de mañá, os bonos para toda a tempada.


O prezo será, para os residentes no municipio, de 20 euros, e de 16 euros para nenos ata os 16 anos. Para os non residentes, os bonos de adulto custan 35 euros e os de nenos 25 euros. Así mesmo, as persoas que estean empadroadas no municipio de Silleda

poderán mercar bonos familiares. Para os dous cónxuxes custarán 20 euros; se se inclúe un fillo este pagará 16 euros; se son dous fillos, 8 euros, e a partir do terceiro fillo, este último non pagará.

ree
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

En canto aos cursos de natación, os prezos tamén son máis vantaxosos para as persoas abonadas. Así, os menores abonados pagarán 3 euros por mes; os non abonados 20 euros. Os cursos para adultos custan 9 euros (para abonados) e 20 euros no caso de persoas non abonadas.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page