top of page

As piscinas da área recreativa de Furelos, en Melide, abrirán durante toda a tempada de verán

O Concello levou a cabo traballos de mellora nos baños e duchas


Laura Moure/Melide

As piscinas da área recreativa de Furelos volverán ser un ano máis un dos grandes atractivos do municipio de Melide para a tempada de verán. A partir de hoxe, 27 de xuño, as instalacións estarán abertas ao público. Permanecerán así todos os días da semana, en horario de 12 a 20 horas, durante os meses de xullo e agosto e o que resta do mes de xuño.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O Concello levou a cabo, con anterioridade á apertura, traballos de mellora no espazo de baños e duchas destas instalacións. O investimento, de 7.000,18 euros, permitirá un uso máis cómodo destas áreas por parte das e dos bañistas.


Publicidade

  Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

As dúas piscinas exteriores da área recreativa do río Furelos sitúanse nunha contorna que atrae centos de visitantes durante os meses de verán pola súa beleza e situación á beira do río. O espazo é un dos grandes puntos de atracción da vila na tempada de estío, motivo polo que o Concello se ten esforzado para que poida gozarse nas mellores condicións durante este 2025.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page