Laura Moure/Palas de Rei
O Delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, visitou esta semana Palas de Rei. Logo da recepción oficial por parte de alcalde, Pablo Taboada, na Casa Consistorial e en presenza da subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, supervisaron o inicio das obras na contorna da igrexa de San Xulián do Camiño. O obxectivo destas é recuperar o valor arquitectónico deste núcleo.
Asistentes a visita a Palas de Rei.
Cun investimento de 323.525 euros, a actuación inclúe o tratamento dos arredores da igrexa y das marxes do Camiño ao seu paso por este núcleo, ademáis dos tramos do Camiño na entrada e na saída da localidade. Completaranse nun prazo duns seis meses.
“Falar de Palas de Rei é falar do Camiño de Santiago e estamos en Palas para por en valor o Camiño e subliñar o compromiso do Goberno de España co Camiño e co Xacobeo”, destacou José Miñones.
Está prevista a incorporación soterrada dos sistemas xerais de servizos, a rede de saneamento separativa, a rede de abastecemento, o subministro eléctrico, o alumeado público e a rede de telecomunicacións. Esta obra forma parte das intervencións de interese cultural nos concellos das provincias de Lugo e A Coruña que teñen tramos do Camiño Francés: O Pino, Arzúa, Melide, Palas de Rei, Portomarín, Paradela, Sarria, Samos, Triacastela, Monterroso e Pedrafita de Cebreiro.
O Delegado do Goberno, José Miñones, tamén se interesou polo escape room que o Ministerio de Cultura vén de financiar en Palas de Rei.
Concesión para instalación eléctrica
Por outra banda, a Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía, Empresa e Innovación concedeu a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Palas de Rei en Berbetouros, no lugar de Riba do Marco. A actuación comprende a ampliación de potencia de CT 27A767, para iso, é necesario a substitución do transformador existente (100KVA) por outro de 160 KVA e relación de transformación de 20.000/400-230 V. O orzamento desta actuación, de aumento de potencia, ascende a 5.509 Euros. O peticionario é Unión Fenosa distribución S.A.
Comments