top of page

As obras gañadoras da 1ª edición de ‘Encontros con Seoane’ no Pino poden verse no colexio desta vila

Os traballos de Darío Blanco Vilaseco e Alba Ferro García foron reproducidos nun muro do centro educativo


Laura Moure/O Pino

O CPI Camiño de Santiago do Pino loce un novo mural realizado a partir das obras gañadoras da primeira edición de Encontros con Seoane, unha iniciativa impulsada

por este Concello e polo centro educativo para achegarlle ao alumnado a figura e obra

do artista Luis Seoane, Fillo Predilecto do municipio.


O proxecto, desenvolvido ao longo de todo o curso escolar baixo a coordinación do mestre

de Plástica Pablo Patiño Moledo, propúxolles aos estudantes de 1º da ESO traballar ao

estilo de Seoane, creando obras plásticas inspiradas no seu universo artístico. Entre todas

as creacións, que estiveron expostas nos corredores do centro educativo, foron escollidas

como gañadoras as de Darío Blanco Vilaseco e Alba Ferro García.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

As dúas obras foron reproducidas nun mural pintado nun muro interior do CPI Camiño de

Santiago, dándolle así visibilidade ao talento do alumnado e perpetuando a pegada de Luis Seoane nas novas xeracións. Ademais, as obras seleccionadas pasarán a formar parte dunha exposición permanente no Concello do Pino, que se irá ampliando ano tras ano coa obra escollida en cada nova edición.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Encontros con Seoane é un proxecto promovido conxuntamente polo Concello do Pino e o

CPI Camiño de Santiago, e conta coa subvención da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e da Deputación da Coruña. A boa acollida desta primeira edición garante a súa continuación nos vindeiros cursos, consolidándose como unha aposta pola cultura, a identidade local e a creatividade da mocidade.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page