top of page

As obras de restauración da antiga escola de Cortegada, en licitación por 49.750 euros

As empresas poden presentar ofertas ata o vindeiro día 8


Laura Moure/Silleda

As obras cas que se iniciará a restauración e recuperación da antiga escola de Cortegada están xa en fase de licitación. O anuncio foi publicado nas últimas horas na Plataforma de Contratación do Estado, cun orzamento de 49.750,55 euros.

As ofertas para esta actuación, que se tramita de forma ordinaria a través dun procedemento aberto simplificado, poden presentarse ata o vindeiro día 8. O prazo de execución dos traballos é de 3 meses.


Esta dotación, para afianzar a estrutura do antigo edificio e dotalo de cuberta, será asumida con fondos propios do Concello iniciando así a agardada recuperación desta antiga escola da localidade, moi demandada pola veciñanza.

留言


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page