O alcalde, Manuel Cuiña, asinou o contrato ca firma adxudicataria, Celso Novo, que realizará os traballos da primeira fase para iniciar a recuperación deste edificio
Laura Moure/Silleda
As obras cas que se iniciará a restauración e recuperación da antiga escola de Cortegada darán comenzo a vindeira semana. Logo da adxudicación dos traballos á firma local Celso Novo, por un importe de 49.720,55 euros (IVE engadido), o alcalde, Manuel Cuiña, asinou o contrato co adxudicatario.
Os traballos, cun prazo de execución de tres meses, financiaránse con fondos municipais, dando así resposta a unha vella demanda veciñal desta localidade silledense para recuperar o antigo edificio. Esta dotación, para afianzar a estrutura do antigo edificio e dotalo de cuberta, será asumida con fondos propios do Concello iniciando así a agardada recuperación desta antiga escola da localidade.
“Con estas obras dotarase de cuberta o edificio afinanzando ademais a estrutura, no que será a primeira fase de restauración, poidan comezar nos vindeiros días”, indica o alcalde, Manuel Cuiña.
Kommentare