top of page

As obras de rehabilitación da Peneda de Monterroso darán comezo nos vindeiros días

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

A previsión é que poida estar rematada para maio de 2025


Laura Moure/Monterroso

A Xunta de Galicia, a través da a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a construtora e a dirección de obra asinaron a acta de replanteo para a rehabilitación da área recreativa da Peneda de Monterroso, cuxas obras darán comezo nos vindeiros días.

O alcalde de Monterroso, Eloy Pérez, achegouse ata a zona de actuación co responsable da empresa adxudicataria dos traballos.


As obras van consistir na rehabilitación da cafetería e o acceso a área recreativa da Peneda e teñen un orzamento de 258.123 euros. A Xunta cofinancia nun 70 % as actuacións previstas, achegando un investimento que supera os 206.000 euros, ademais de contratar e executar as obras. O Concello de Monterroso achegará o 30 % restante e comprométese á recepción, mantemento e conservación das actuacións que incorporará ao patrimonio público municipal.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A actuación adxudicada á empresa Manuel Novoa Castro S.L. enmárcase no Plan Hurbe, promovido polo Goberno galego co fin de axudar ás administracións locais a financiar diferentes tipos de intervencións urbanísticas, e neste caso o obxectivo é mellorar as condicións de confort dos usuarios da área recreativa, así como as súas condicións de funcionalidade e integración paisaxística.


A previsión é que as obras poidan estar rematadas para maio de 2025.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

ILUMINADOS

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page