Laura Moure/Melide
Os motores ruxiron esta fin de semana en Melide e nos concellos limítrofes. O tempo acompañou para sacar as motos ás estradas, pero ademais disto, é que o venres e o sábado, se celebrou neste municipio unha cita máis que consolidada para os amantes destes vehículos: o VIII Festival Motorock da asociación moteira Milli Riders. Participaron unhas 600 motos.
Publicidade
A VIII edición do Festival Motorock Milli Riders comezou o venres cunha cea moteira e os concertos do grupo local Leirabuxo e do grupo de pop-rock El Borrón del Escribano.
Onte, sábado, foi a quenda de saír en ruta. Os participantes puideron desfrutar dunha pola comarca que rematou cunha comida. Ademais pola tarde, foron moitos, moteiros e non moteiros, os que se acercaron á localidade para ver varios espectáculos da man do rei do Freestyle, o portugués Paulo Martinho.
Autora: Chus Moure
O broche final desta celebración puxérono o grupo Los Alcántara, DJ Josy da Graver e o grupo valenciano Los Inhumanos. Agora toca agardar á vindeira edición!!
Comments