Esta fin de semana ten lugar unha campaña de recollida de alimentos en Silleda organizada por el e xa ten en mente outra de produtos hixiénicos e un concurso de fotos
Laura Moure/Silleda
José García é un veciño da parroquia silledense de Laro que leva a cabo distintas inicitivas solidarias e outras que axudan a manter a nosas tradicións vivas. Sen ir máis lonxe, esta fin de semana, en colaboración co Concello de Silleda, promove unha campaña de recollida de alimentos non perecedoiros e esta non será a única.
A Casa da Cultura desta localidade acolle esta inicitiva na que os interesados poderán facer as súas donacións durante esta fin de semana de 9:30 a 20:00 horas e toda a comida será destinada ao programa Silleda Solidaria. Pero a solidaridade de García vai máis alá e xa ten en mente outra acción que busca o benestar daquela xente que ten necesidades. "Para o mes teño pensado facer outra campaña solidaria en Laro de recollida de produtos de hixiene persoal", avanza García.
Pero ademais, este veciño pretende facer un concurso. Sabedes de que? "A miña siguiente iniciativa é facer un concurso de fotos enxebres de aparellos que temos nas casas da época dos nosos avós e das nosas avoas coma: fotos de carros de vacas, de hórreos, de fornos de leña, de muíños, etc... E claro haberá trofeos e premios para os gañadores ou gañadoras", apunta. " E despois con esas fotos teño pensado facer exposicións en varios concellos da nosa comarca. Que será alá polo mes de agosto".
Comments