top of page

As lalinenses de 50 a 74 anos terán un autobús gratuíto para a proba de detección do cancro de mama

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Lalín

As lalinenses de 50 a 74 anos terán desde o 8 de xaneiro, por un período de 65 días, un autobús gratuíto para facilitarlle a realización da proba de detección precoz do cancro de mama.

Fonte: Concello Lalín
Fonte: Concello Lalín

O autobús gratuíto partirá cada tarde de Lalín ás 14:00 e ás 18:00 horas da rúa Habana (fronte ao edificio do Concello de Lalín) durante o período temporal que se vén de sinalar. O uso do transporte non é obrigatorio, polo que as mulleres que o desexen que estean no rango de idades sinalado (50 anos cumpridos aos 74), poderán acudir polos seus propios medios á cita.


Publicidade  

As citas que sexan cambiadas ou non se vaia nesas datas terán que ir noutras datas posteriores pola súa conta porque xa non estará contratado o servizo de autobús.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Para calquera dúbida ou información pódese contactar co Programa a través do teléfono 981 14 14 14 ou no correo electrónico pgdpcm.dxsp@sergas

0 comentarios

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page